viernes, 28 de mayo de 2010

Innovacións

Extrugasa dende os seus comezos mantivo o carácter innovador. Para conseguir innovar constatemente,o seu fundador estivo ó pendente das novas tendencias constructivas. Un dos primeiros avances foi a instalación dunha liña de pintado electrostático en 1982.
Con esta aportación conseguiuse que a empresa medrara e ademais pouco a pouco fóronse aumentando os ingresos progresivamente. Pero ainda que se conseguiu mellorar, non queria que a empresa quedara estancada; com eses novos ingresos aumentouse o tamaño das naves, xa que coa instalación de novas máquinas precisábase maior espacio. En 1984 instálase a primeira prensa de extrusión de 1300 toneladas.
Esta última instalación foi a que finalmente conseguiu que extrugasa se convertira nunha das empresas de alumínio mais importantes neses momentos.
Posteriormente instaláronse outras 2 prensas: unha de 1600 toneladas, aprincipios dos 90 e unha de 2500 no 1998. Esta última prensa foi um protótipo froito dun estúdio pormenorizado entre Extrugasa e o fabricante da prensa.
En anos posteriores fóronse mellorando os acabados de alumínio, como o lacado de imitación a madeir, así como tamén se introduxo o laminado de melamina para perfiles de aluminio.
Unha das últimas prensas que se instalou foi a de 3600 toneladas, sendo unha das mais avanzadas do mundo.
Estes son tan só son algunhas das melloras que se levaron a cabo nesta empresa, as cales melloraron a empresa e permitiron acceder a mercados mais alá das fronteiras españolas.

1 comentario:

  1. A Innovación é algo moi controvertido, porque todas as empresas e mesmo fundacións (xa señan de caracter público ou privado), acreditan a súa aposta por este eido, mais a súa aposta real é moi discutible. Isto débese a que investigar non deixa de ser algo arriscado, `polo que a aposta nest eido por parte de Exturgasa paréceme moi acertada.

    ResponderEliminar