miércoles, 21 de abril de 2010

Localización e orixe

Extrugasa é unha empresa de extrusionados de aluminio, que ten a súa planta principal no municipio de Valga, na parroquia de Campaña. Accédese a ela a través da estrada PO-548,no tramo que vai de Pontecesures a Vilagarcía de Arousa.

En canto ós seus comezos,nos anos 60, os irmáns Quintá traballaban distribuíndo perfiles de aluminio e de outros tipos para empresas españolas.
Pasados algúns anos decidiron poñer a súa propia empresa de alumino.A elección de Campaña como lugar que acollera a empresa, debeuse sobre todo a razóns económicas, xa que o solo da zona na que está instalada actualmente era o máis barato naquela época. Este baixo prezo debíase sobre todo a que esta era unha zona de monte, e a isto habíalle que sumar que neses momentos o lugar non era demasiado accesible dende a estrada principal.
Dende a fundación da empesa apostaron por instalar a súa liña propia de anodizado de perfiles de aluminio; este tipo de perfiles eran, naquela época, os que tiñan maior demanda.
Xa nos anos 80, os irmáns decidiron traballar cada un pola súa parte e repartiron a fábrica en 2 lotes. Un deles quedou con un sector , é fundou Exlabesa; e por outro lado, Andrés Quintá quedou coa outra parte, e fundou o que se coñece hoxe en día como Extrugasa.

Aquí un enlace dunha entrevista que lle fixeron a Andrés Quintá no correo gallego

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/andres-quinta-extrugasa-aprovecho-su-mejor-momento-afianzarse-crecer/idNoticia-422710/