lunes, 31 de mayo de 2010

Actualidade

Mencionei anteriormente as innovacións que se foron producindo na empresa a nivel de maquinaria utilizada, con termos que poden resultar raros e demasiado técnicos para alguén que non coñeza unha empresa de este tipo; pero pareceume interesante mencionar todas esas melloras porque estas foron as que levaron a empresa a mellorar o seu producto e desta maneira poder acceder a mercados máis amplos.
Nos últimos tempos tamén se teñen producido melloras aínda que isto non serviu para sobrelevar mellor esta etapa de crise, xa que foron numerosos os despidos que se produxeron nos últimos meses. Aínda así semella que pouco a pouco a empresa vaise recuperando, xa que está aumentando paulatinamente a producción, aínda que non se chegue as cotas tan altas que se tiñan fai uns anos.

Aquí un enlace que fala dunha das últimas melloras da empresa:

http://www.alimarket.es/alimarket-portal/noticia/33703/Extrugasa-lanza-un-perfil-que-ahorra-un-60--de-energia

Na voz de Galicia atópase unha noticia que trata sobre como Extrugasa afronta esta época de recesión económica:

http://app.igape.es/prensa/modif_ver_pdf.asp?pdf=HVRQ-5078

2 comentarios:

  1. As melloras en técnicas para una empresa, a innovación en xeral, xa sexa humán ou técnica é parte fundamental do éxito.

    Por desgraza en Galicia hai moitas pequenas empresas que non pensan en innovacións e cren que o modelo que levan desenrolando durante moito tempo e que lles permitiu saír a flote vai ser o adecuado durante toda a vida e isto está moi lonxe de ser certo.

    En Galicia deben aplicarse innovacións en todas as empresas calqueira que sexa a escala e para isto a administración debe ofrecer axudas.

    ResponderEliminar
  2. Pero o tema é como podemos conseguir unha actitude social positiva cara a innovación. A través da formación nas aulas universitarias? como? é complicado. O exemplo de extrugasa é moi interesante para mostrar aos estudiantes universitarios pero embargo é descoñecido fora de ambientes especializdos do mundo da empresa. O tema é como podemos conseguir ilusionar aos xóvenes emprendedores a nivel local?

    ResponderEliminar