Mencionei anteriormente as innovacións que se foron producindo na empresa a nivel de maquinaria utilizada, con termos que poden resultar raros e demasiado técnicos para alguén que non coñeza unha empresa de este tipo; pero pareceume interesante mencionar todas esas melloras porque estas foron as que levaron a empresa a mellorar o seu producto e desta maneira poder acceder a mercados máis amplos.
Nos últimos tempos tamén se teñen producido melloras aínda que isto non serviu para sobrelevar mellor esta etapa de crise, xa que foron numerosos os despidos que se produxeron nos últimos meses. Aínda así semella que pouco a pouco a empresa vaise recuperando, xa que está aumentando paulatinamente a producción, aínda que non se chegue as cotas tan altas que se tiñan fai uns anos.
Aquí un enlace que fala dunha das últimas melloras da empresa:
http://www.alimarket.es/alimarket-portal/noticia/33703/Extrugasa-lanza-un-perfil-que-ahorra-un-60--de-energia
Na voz de Galicia atópase unha noticia que trata sobre como Extrugasa afronta esta época de recesión económica:
http://app.igape.es/prensa/modif_ver_pdf.asp?pdf=HVRQ-5078
lunes, 31 de mayo de 2010
viernes, 28 de mayo de 2010
As exportacións
As exportacións non pararon de medrar dende fai décadas e hoxe en día o mercado exterior supón un 30 % do total de ventas. Son dúas grandes zonas ás que se dirixen as exportacións de Extrugasa. A Unión Europea é a de maior peso, xa que representa el 70% das ventas ó exterior, con presencia en países como Portugal, Francia, Alemania, Bélgica, Holanda, Dinamarca, Austria, Suecia, Suiza, Inglaterra ou Irlanda. O mercado americano supón e 27% das exportacións, que se dirixen a México, Puerto Rico, República Dominicana, Guatemala, Honduras, Panamá, Ecuador ou Argentina.
Innovacións
Extrugasa dende os seus comezos mantivo o carácter innovador. Para conseguir innovar constatemente,o seu fundador estivo ó pendente das novas tendencias constructivas. Un dos primeiros avances foi a instalación dunha liña de pintado electrostático en 1982.
Con esta aportación conseguiuse que a empresa medrara e ademais pouco a pouco fóronse aumentando os ingresos progresivamente. Pero ainda que se conseguiu mellorar, non queria que a empresa quedara estancada; com eses novos ingresos aumentouse o tamaño das naves, xa que coa instalación de novas máquinas precisábase maior espacio. En 1984 instálase a primeira prensa de extrusión de 1300 toneladas.
Esta última instalación foi a que finalmente conseguiu que extrugasa se convertira nunha das empresas de alumínio mais importantes neses momentos.
Posteriormente instaláronse outras 2 prensas: unha de 1600 toneladas, aprincipios dos 90 e unha de 2500 no 1998. Esta última prensa foi um protótipo froito dun estúdio pormenorizado entre Extrugasa e o fabricante da prensa.
En anos posteriores fóronse mellorando os acabados de alumínio, como o lacado de imitación a madeir, así como tamén se introduxo o laminado de melamina para perfiles de aluminio.
Unha das últimas prensas que se instalou foi a de 3600 toneladas, sendo unha das mais avanzadas do mundo.
Estes son tan só son algunhas das melloras que se levaron a cabo nesta empresa, as cales melloraron a empresa e permitiron acceder a mercados mais alá das fronteiras españolas.

miércoles, 21 de abril de 2010
Localización e orixe
Extrugasa é unha empresa de extrusionados de aluminio, que ten a súa planta principal no municipio de Valga, na parroquia de Campaña. Accédese a ela a través da estrada PO-548,no tramo que vai de Pontecesures a Vilagarcía de Arousa.
En canto ós seus comezos,nos anos 60, os irmáns Quintá traballaban distribuíndo perfiles de aluminio e de outros tipos para empresas españolas.
Pasados algúns anos decidiron poñer a súa propia empresa de alumino.A elección de Campaña como lugar que acollera a empresa, debeuse sobre todo a razóns económicas, xa que o solo da zona na que está instalada actualmente era o máis barato naquela época. Este baixo prezo debíase sobre todo a que esta era unha zona de monte, e a isto habíalle que sumar que neses momentos o lugar non era demasiado accesible dende a estrada principal.
Dende a fundación da empesa apostaron por instalar a súa liña propia de anodizado de perfiles de aluminio; este tipo de perfiles eran, naquela época, os que tiñan maior demanda.
Xa nos anos 80, os irmáns decidiron traballar cada un pola súa parte e repartiron a fábrica en 2 lotes. Un deles quedou con un sector , é fundou Exlabesa; e por outro lado, Andrés Quintá quedou coa outra parte, e fundou o que se coñece hoxe en día como Extrugasa.
Aquí un enlace dunha entrevista que lle fixeron a Andrés Quintá no correo gallego
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/andres-quinta-extrugasa-aprovecho-su-mejor-momento-afianzarse-crecer/idNoticia-422710/

Suscribirse a:
Entradas (Atom)